Somos un grupo de I+D+I sobre neurocomunicación, publicidade e política da Universidade de Vigo


Colaboramos con empresas, institucións e organizacións públicas e privadas


Estudamos e avaliamos a comunicación verbal e non verbal, imaxes e textos, contidos na publicidade institucional, comercial e político-electoral
Quen somos?

QUEN SOMOS?

Somos un equipo interdisciplinar composto por académicos e profesionais das neurociencias (psicólogos, neurólogos, psiquiatras), a bioestatística, neurolingüística e a comunicación persuasiva, publicitaria e política, procedentes de distintas facultades da Universidade de Vigo e centros hospitalarios universitarios do sur de Galicia. Colaboran tamén con nós investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Valladolid.

O grupo NECOM estuda e avalía a comunicación verbal e non verbal, imaxes e textos da publicidade institucional, comercial e político-electoral, en tódalas súas variantes: impresa, audiovisual e multimedia. Ademais, realiza todo tipo de investigación de mercados e avalía a eficacia na presentación dos produtos das empresas (deseño de marca, etiquetado, envasado) e o seu efecto nos consumidores.

Colaboradores

Tamén nos botan unha man:

· María José Lado, Xosé Antón Vila, Pedro Cuesta (Informática, deseño software, análise de redes sociais, medición de frecuencia cardíaca). Grupo MILE: Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Universidade de Vigo.

· Carmen Cabeza, Inmaculada Anaya e Antonio Rifón (Neurolingüística). Facultade Filoloxía e Traducción, Universidade de Vigo.

· Elena Martín Guerra (Neuromarketing, medición con Sociograph). Universidad de Valladolid.

· Javier Ares Yebra (Comunicación e estudo de ambientación musical). Músico. Universidade de Vigo.

· Xosé López, Francisco Campos (minería de datos, rastrexo por ordenador coa ferramenta Nostraker). Grupo Novos Medios. Facultade de Comunicación, Universidade de Santiago de Compostela.

QUE FACEMOS?

O grupo NECOM estuda a efectividade da comunicación institucional, política e comercial; un traballo no que conviven as técnicas clásicas de investigación comercial coas últimas metodoloxías vencelladas ao neuromarketing e a neurocomunicación.

Entre as nosas áreas de especialidade figuran:

1. Deseños de investigación, esquemas metodolóxicos, marcos mostrais e asesoramento orzamentario.

2. Técnicas de investigación cuantitativas (enquisas e cuestionarios CAPI, modelos estatísticos, medición e observación participante, análise unidimensional, análise bidimensional) e cualitativas (observación participante, técnicas participativas, entrevistas en profundidade, focus groups, observacións descritivas, focalizadas e selectivas).

3. Enfoques neurocomunicativos: Eye-tracking, LIWC (Linguistic Inquire and Word Count), análise de frecuencia cardíaca, técnicas proxectivas e experimentais.

4. Avaliación da comunicación verbal e non verbal: Imaxes, textos e contidos na publicidade institucional, comercial e político-electoral, en tódalas súas variantes (impresa, audiovisual e multimedia).

5. Ámbito político, electoral e institucional: Sondaxes, paneis, análise de discursos, dinámicas de grupo, avaliación da eficacia publicitaria. Avaliación da eficacia da comunicación das administracións públicas.

6. Publicidade: Pre e postest de campañas, avaliación da eficacia. Análise desde o punto de vista neurocomunicacional (medición de percepción) da publicidade impresa, audiovisual e multimedia realizada pola competencia do sector.

7. Retail: Visual merchandising, mystery shopping, store check, proposta de distribución de espazos e ambientes no local. Análise da percepción dos sentidos: auditiva (máquinas, música), visual (luminosidade, efectos), táctil e olfativa.

8. Consumidor: Detección e definición de targets, hábitos de consumo, comportamentos do consumidor, trendspotting, categorizacións e coolhunting.

ONDE ATOPARNOS?




¡Perfecto!
A túa mensaxe foi enviada.
¡Error! Revisa ben os campos que están marcados e vólveo a intentar.

Onde nos podes localizar


GRUPO NECOM

Tlf.: 986.802.027 (despacho 314) / 986.801.999

E-mail: necom@uvigo.es


Facultade de Ciencias Sociais
e da Comunicación
Campus A Xunqueira s/n
36005 Pontevedra